Friday 03 de May de 2024

Obradoiros infantís de Entroido en todas as bibliotecas municipais


As sete bibliotecas municipais acollerán obradoiros de creación de sombreiros de entroido para nenos e nenas maiores de 6 anos. Para participar é imprescindible inscribirse previamente na biblioteca na que se desexe participar, desde dez días antes.

Os obradoiros celebraranse –ás 17:30 horas- na Biblioteca María Jose Ruso de Dorneda o día 13, na Biblioteca Manuel María de Oleiros o día 14, na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz o día 15, na Biblioteca Central Rialeda o día 16, na Biblioteca Ánxel Fole de Nós o día 17, na Biblioteca Xograr Mendiño de Lorbé o día 23 e na Biblioteca María José Trincado de Mera o día 24.